O 17 de maio, a Real Academia Galega adica o 56º Día das Letras á mestra e escritora María Victoria Moreno, que se convirte deste xeito na cuarta muller en recibir esta distinción. Precedéronlle Rosalía De Castro (1963); Francisca Herrera Garrido (1987) e María Mariño (2007). No 2015, a plataforma feminista A Sega celebrara xa a súa figura na segunda edición do día alternativo das Galegas nas Letras.
↧